Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SHERLOCK HOLMES ANOTADO. VOLUME II

€50,00
ISBN WP878
Este volume inclúe: • O regreso de Sherlock Holmes • O can dos Baskerville • O val do terror • O último adeus• O arquivo de Sherlock Holmes. Tradución do inglés de Bieito Iglesias e Manuel Vázquez. Notas de Xesús Fraga.

A mestría como investigador mais unha enigmática personalidade fixeron de Sherlock Holmes o detective máis famoso da literatura, que segue a engaiolar os lectores 150 anos despois da súa primeira aparición en 1887 co seu compañeiro e biógrafo, o doutor Watson. Sherlock Holmes anotadorecolle en dous volumes as catro novelas e os 56 contos protagonizados polos inquilinos do 221B de Baker Street, escritos á súa medida por Arthur Conan Doyle. A edición inclúe máis de 2.000 notas con cumprida información sobre os personaxes e o fascinante Londres do período vitoriano, ademais de resumir as innumerables teorías e observacións que os devotos holmesianos foron deitando cos anos. Datos, curiosidades e anécdotas, que, xunto coas ilustracións orixinais da época, asinadas principalmente por Sidney Paget para a revista Strand, fan da lectura deste Sherlock Holmes anotado unha rica e gozosa experiencia.

____