Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SEÑORAS EN BICICLETA

€17,00
ISBN

A invención da bicicleta supuxo un importante cambio nas formas de transporte, especificamente para unha parte da poboación: as mulleres. Durante as primeiras décadas do invento, as señoras en bici puideron explorar unha nova liberdade, impactando no movemento sufraxista, cambiando a forma de vestir e incluso descubrindo novas formas de gañar a vida. Pero nunha época en que a imaxe e o papel da muller estaba moi definido, tamén se enfrontaron a críticas e prexuízos. Esta obra é unha crónica destes vibrantes primeiros anos e de como evolucionou a relación das mulleres coas bicicletas desde entón.

Índice
1. Como comezou todo
A primeira antecesora da bici: a draisina
Chegan os pedais!
A exclusión dos biciclos.
A bicicleta de seguridade
2. Montar en bicicleta é malo!
Serás unha fresca e quedarás infértil!
Cansarse é malo!
A bici provoca histeria, crueldade e ciclomanía!
Terás «cara de bici»!.
A corrente a favor da bicicleta.
3. Feminismo en bicicleta.
Contra as ideas de como debería ser unha muller..
Montar en bici en Ferrol..
A conexión sufraxista
1. Bombachos, traxes xastres e máis moda ciclista.
Quen pode montar en bicicleta?
Moda para bicicletas..
O factor sexy •
5. As mulleres entran en competición.

Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez son tres xornalistas que comparten, ademais das penurias de ser autónomas, a súa paixón por indagar en temas históricos, especialmente os relacionados coa historia invisible das mulleres. Xuntas traballaron nas anotacións de Emma, de Jane Austen (Sushi Books, 2023). Señoras en bicicleta é o resultado de horas de reflexións e lecturas compartidas e dun grupo de wasap moi moi activo.

____

Editorial: Sushi book  04-2026
Idioma: Galego
Páxina: 160
FEMINISMO
HISTORIA
VIAXES