Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SEMPRE EN GALIZA

por Castelao
€24,35
ISBN 9788482887296

2025 ano Castelao.
O libro é o símbolo da cultura. Tamén da identidade nacional. Sempre en Galiza é o libro que mellor representa o país e a cultura galega, os nosos anceios como nación. A nosa esencia, a nosa historia, unha maneira de situarse a carón das outras culturas, en igualdade co resto dos pobos. Publicado por primeira vez no exilio (1944), Castelao puxo neste texto toda a súa forza de escritor, pensador e político excepcional.


No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.

____

Editorial: Galaxia 01-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 584
BIBLIOTECA CASTELAO