Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

SEMENTAMOS IGUALDADE- MANUAL PRÁCTICO DE BOS USOS

€12,50
ISBN 9788412038255
Todas e todos queremos vivir nun mundo mellor, nunha sociedade habitada por xentes pacíficas, que se traten con respecto e colaboren nas tarefas comúns de convivencia. Ninguén soña con limitarse a sobrevivir nunha contorna hostil, violenta e desigual

Non é certo? O sistema democrático garante que poidamos votar e elixir a quen nos representan e lexislan para establecer esas normas de convivencia, mais está nas nosas mans, nas de toda a cidadanía, facelas efectivas. Até que a metade da poboación non estea libre de sufrir violencia e discriminación polo feito de ser mulleres non poderemos afirmar que vivimos nun sistema social xusto. Con este manual pretendemos ter sempre preto de nós unha guía útil e didáctica ao servizo da comprensión de todas as idades. Con ela poderemos empezar a cambiar actitudes e comportamentos, así como sermos quen de recoñecer e distinguir o machismo e saber como actuar ante el. Esperamos, pois, sementar igualdade para recoller un futuro, non moi afastado, mellor.

____

Editorial: Auga editorial
Idioma: Gallego