Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

SEDA

€12,00
ISBN 9788417388126
“Un bo día, un amigo contoume que un devanceiro seu tiña un oficio un tanto estraño. Partía unha vez ao ano, cruzaba o mundo, meses despois chegaba ao Xapón, compraba ovos de vermes da seda, regresaba a Italia e vendíaos. O resto do ano descansaba. Estabamos esquiando cando me contou esta historia. Detívenme, saquei os esquís e comecei a pensar e a lle dar voltas, e non parei de facelo ata que escribín a última páxina.”

Así explica o autor a xénese do seu relato. Influenciado por Céline, Salinger, McEnroe, Stanley Kubrick, Walt Disney, Liberatore…, Alessandro Baricco é o escritor italiano vivo máis internacional. “Seda é unha historia antes de ser un libro. É, sobre todo, unha historia. E ás historias esváranlles as fronteiras”.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego