Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

SECESIÓN

por Chus Pato
€12,50
ISBN 9788498651959
Memoria, narración e poesía. Un texto multiforme que nos convida a reflexionar sobre os límites da literatura.

A escritura como desprazamento. O libro non como obxectivo, como final, senón como espazo que se alonga alén das súas marxes. Secesión é o resulado dun proceso de pensamento sobre a escritura, sobre os lugares, nomes e espectros que axudan a vivir. Textos nos que o sentido se despraza para, ao tempo, desprazar a literatura, rachar as ancoraxes que a fixan aos discursos de dominación. Chus Pato escribe para ferir, para traspasar a pel de quen le. Coma nun traballo de expulsión imparable, de separación, o texto xa non é de ninguén, é de si mesmo. Cambia, pérdese e permanece. Mellor libro do ano 2009 para o suplemento “Revista das Letras” do Galicia Hoxe.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego