Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SE BUSCABAS UN DEUS

€26,05
ISBN 9788497824569

Se buscabas un deus, a nova novela de Xabier Quiroga, non é exactamente a continuación de Atuado na braña, nin sequera -por moito que deixe resoltas as súas incógnitas- o seu complemento. Trátase dunha novela diferente, que fará que o lector matine nun futuro demencial que está aí ao lado, como agardando, para someter a vida e a persoa. A procura de Ivo, o rapaz protagonista, que arrinca do que semella un traballo universitario, convértese así nun pretexto para denunciar o que paseniñamente, se cadra sen decatarnos, acontece e deixamos pasar. Mesturando realidade e ficción, cun estilo novidoso e sorprendente forza narrativa, Se buscabas un deus vai atrapando ao lector no fío dunha inusitada trama que, ao tempo que presinte a desfeita, camiña parella á escolla do que nos quedará: resignarse ou buscar o amor e a liberdade. Tras o formidable éxito do seu debut con Atuado na braña, Xabier Quiroga nesta súa segunda novela longa, confírmase como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores.

____

Idioma: Galego

Editorial: Xerais 2006