Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

SÁNDALO

€20,20
ISBN 9788491513193
A nave de Sándalo percorre doucentos anos de historia entre Europa e América.

Fitos heroicos, Ulises galaicos, orixas afrocubanas, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas, saltan de tempo e lugar nunha viaxe emocionante con corpo de relato estimulante dos sentidos e dos sentimentos, para facernos cómplices da relación antiga e inmorrente de dous universos unidos pola Corrente do Golfo: Galicia e Cuba. Porteiro, María Xosé Licenciada en Publicidade, xornalista, escritora e política. Traballou en El Pueblo GallegoLa Voz de VigoRadio PopularLa Voz de GaliciaTiempo e El País. Así mesmo, foi xefa de prensa do Concello de Vigo e directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles. Ademáis, publicou narrativa e ensaio. Foi concelleira en Vigo, deputada no parlamento galego e no Congreso dos Deputados, membro das Asembleas parlamentarias do Concello de Europa e da Unión Europea Occidental, e delegada de Galicia no Exterior. Ten a Encomenda ao Mérito Civil.
 

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego