Un encontro cos cogomelos de Galicia que contaxia sensibilidade e alenta as virtudes do bo buscador, ofrece receitas, fornece métodos de conservación e propón maridanzas insospeitadas con outros alimentos.
Nun país no que abrolla cada vez con máis forza o interese polos cogomelos, Helena Villar Janeiro, a autora de O sabor da terra, achega os coñecementos necesarios para pescudalos no monte, identificar os máis saborosos, apañalos e gorentalos logo na casa.
____
Editorial: Galaxia 2006
Idioma: Galego