“Dende que teño memoria, sempre quixen navegar. Imaxinábame unha e outra vez sucando o mar. Había algo no mar que me desconcertaba e que me obrigaba a seguir soñando. Que había máis aló? Naquel lugar onde o sol se agocha e unha delgada liña se debuxa. Aquel lugar onde o mundo semella rematar e que todos chaman horizonte.”
Un relato de aventuras e viaxes. Descubrirás lugares fantásticos repletos de personaxes tan divertidos como estrafalarios. Todo o atoparás Rumbo ao horizonte.
Da colección adicada a narrativa infantil e xuvenil, un libro perfecto para os aventureiros e aventureiras que teñan ansias por viaxar e coñecer novos mundos.
A partir de 8 anos.
_____
Editorial: Bululú
Idioma: Galego