Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RUAR

€10,00
ISBN 9788494257056

Máis que un libro, este Ruar, unha aventura londinense é un xogo, un divertimento que as Irmás Cartoné queremos compartir coas nosas lectoras. A cousa vai así: Virginia pon as palabras, nós poñemos as liñas e vós dádeslle cor.



Acompañade a Virginia neste vagaroso paseo por Londres á procura dun lapis e dádelle cor ás súas imaxes!
Virginia Woolf (Londres, 1882- Sussex, 1941) renovou, na súa curta vida, a narrativa abríndose camiño e afianzándose no mundo eminente e ferozmente masculino da literatura inglesa. Muller de profundas inquedanzas intelectuais, soubo plasmar a tremenda fragmentación do seu tempo, que tamén sufriu, entregándose a unha vida completa da que a literatura formou parte inseparable.

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego