Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ROSALÍA DE CASTRO E OS LUGARES DE CANTARES GALLEGOS

Esgotado
€12,00
ISBN WP944
Esta obra é un traxecto polos referentes espaciais físicos que teñen xerminado no val fértil de Cantares gallegos (1863), á vez que unha carta de navegación polos mares interpretativos da biografía espacial da escritora posromántica Rosalía de Castro (1837-1885).

Á vez que unha carta de navegación polos mares interpretativos da biografía espacial da escritora posromántica Rosalía de Castro (1837-1885). Trátase dun estudo orixinal, tanto no fondo coma tamén na forma, pois as explicacións dadas nel amplíanse cunha práctica mostra fotográfica de moitos dos lugares relacionados con Rosalía. Súmase, así, aos inxentes homenaxes que se lle teñen feito á escritora galega máis internacional: “Poderán pasar outros cento cincuenta anos máis, pero toda apunta a que Rosalía de Castro e Cantares gallegos terán vixencia ata o fin dos tempos literarios. Como fixera Homero na súa Ilíada, ela soubo expresar a súa indignación ante a situación que tiña diante, o que esixía unha volta atrás, unha reflexión verbo dalgunhas das orixes que provocaban o crepúsculo de Galicia e dos seus habitantes; e deixou como legado non só unha recolleita da tradición popular galega, senón tamén unha reelaboración deses anacos históricos que coñecemos como cantigas. Isto convértea, cando menos, na iniciadora do poema épico do rural galego”.

____