Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ROSALÍA

€14,50
ISBN 9788471545077
Unha interpretación de Rosalía de Castro feita co vigor, a audacia e a orixinalidade propios de Otero Pedrayo, capaz de penetrar ata o fondo nos matos ocultos dunha alma de excepción.

Este libro escribiuno Otero Pedrayo na vellez, pero non chegou a publicalo en vida. Trátase dunha fonda e aguda interpretación da vida e obra da poeta galega, escrita no máis xenuíno estilo oteriano. Concibida en forma de diálogo dramático, nela deixa Otero voar libremente a súa imaxinación desbordada, que ás veces chega ás difíciles alturas onde se esconde o lirismo que envolve a esvaída figura da súa protagonista.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego