Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ROSA DE CEN FOLLAS

€10,10
ISBN 9788475077468
A rosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- móstranos outro dos Cabanillas posibles; desta volta, o poeta autor de delicadas composicións de amor, que lembra a Rosalía -un verso dela dá título á obra do cambadés-, a Bécquer ou aínda a Heine. Un Cabanillas romántico, e preocupado por unha depuración de sinxeleza formal, xorde a través deste breve poemario: un exemplo máis de que nos atopamos diante dun dos mellores líricos galegos de sempre.

Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladín lírico do nacionalismo das Irmandades da Fala...

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • POESÍA GALEGA COMPLETA RAMÓN CABANILLAS

    POESÍA GALEGA COMPLETA RAMÓN CABANILLAS

    Ramón Cabanillas
    €35,80

    Este volume, preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, reúne todos os poemarios publicados por Ramón Cabanillas, así como ...

    Ver todos os detalles
  • FOLLAS NOVAS

    FOLLAS NOVAS

    Ana Roig
    €14,90

    Posiblemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a ...

    Ver todos os detalles
  • O TEATRO NAS IRMANDADES DA FALA

    Laura Tato Fontaiña
    €12,00

    Esta antoloxía pretende achegar a un público o máis amplo posíbel as obras máis representativas do teatro escrito, e representado, polas Irmandades...

    Ver todos os detalles
  • SON GALEGO, SON CUBANO

    SON GALEGO, SON CUBANO

    Librería Abrente
    €25,00

    Libro+ CD con 12 cancións interpretados por Roi Casal. Se cadra, Pepe era un poeta e case nin nos decatamos. Se cadra, toda a súa vida, dende aquel...

    Ver todos os detalles
  • OS OLLOS QUE FALAN

    OS OLLOS QUE FALAN

    Tempo catro sexteto
    €15,00

    Once cantares galegos Os ollos que falan. Rosalía de Castro é unha produción da Asociación Socio-Pedagógica Galega. grabado no Estudio de Grabació...

    Ver todos os detalles