Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ROMARÍA DE HISTORIAS

€15,20
ISBN WP3935
Alguén dixo que todos somos, ou fomos, da aldea.

Que temos residido nela, ou nela están os nosos ancestros. Nas nosas vilas e cidades queda moito do mundo rural. Algúns volven a el de escapada, ou nas vacacións, e ademais sempre levan no subconsciente algún tóponimo, o nome dunha leira, ou dun avó, unha festa, unha comida... Nesta novela, feita de lóstregos múltiples, hai recendos, paisaxes, chiar de paxaros, ademais de historias, unhas alegres e outras non tanto, e hai toda unha atmosfera que a natureza puxo á nosa disposición. E tamén atoparemos situacións cheas de vida e, ás veces, de morte; aconteceres de onte e de hoxe que nos trasladan a un mundo próximo e afastado, ó mesmo tempo real e máxico.

____