ROBERTO BLANCO TORRES E A LOITA POLA SUPREMACÍA ÉTICA
O presente volume constitúe unha intensa pescuda sobre as circunstancias, intelectuais e humanas, que protagonizou esta principalísima figura do noso primeiro tercio do século XX. Daquela, ó lector ofréceselle un rico panorama do mundo que viviu e os avatares que acalaron a voz de Roberto Blanco Torres. O efervescente e complexo contexto político daquelas tres primeiras décadas vai acompañado dun non menos exhaustivo seguimento do firme pulso ético deste escritor tanto tempo silenciado. Isto refórzase ben máis aínda cun extenso seguimento da súa vasta actividade cultural e amplo labor xornalístico.
O estudio péchase coa visión interpretativa da súa producción.
_____
Editorial: Laiovento 1999
Idioma: Galego