Ir ao contido

REVOLTANDO Á TERRA

por VV.AA
€7,00
SKU 9788409018161
Un libro colaborativo co que varios investigadores da rede ReVOLTA de agroecoloxía intentan fomentar o debate sobre o mundo rural e agrario actual.  

A obra consta de catro capítulos. No primeiro faise unha diagnose da situación actual, tanto a nivel mundial como europeo e galego. Existen problemas xerais mais tamén outros específicos que van requirir respostas específicas. O segundo capítulo establece o marco teórico no que debería desenvolverse o modelo agrario. O terceiro analiza as potencialidades do noso rural de cara a enfrontar os novos tempos e o cuarto recolle as leccións aprendidas e as que non nunha reflexión final.

A publicación remata con dez experiencias produtivas innovadoras que teñen abrollado no pais ao longo dos últimos anos e que poden servir de exemplo para seren replicadas noutros contextos. Unha interesante revisión do mundo rural e agrario de plena actualidade.





Editorial: Bolanda
Idioma: Gallego