Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

REFLEXIÓNS

€9,90
ISBN 9788487882358
Explicáronme que todo o que vexo son reflexos. Dixéronme que o mar non ten cor, que todo o máis reflicte a luz e deixa ver algo do que ten no fondo.

Supoño que tamén a xente que vexo non deixa de ser un reflexo. Da luz, claro, e tamén da vida que viven, do que ven, do que son… E cando lles fago unha foto o que teño é un reflexo momentáneo dentro da miña cámara, unha imaxe da que me apropio. Por tanto, se reflexiono sobre iso, poida que cando estou a facer unha foto do mar non faga máis que apresar o reflexo dun reflexo. É un xogo. Como o que propoñen estas fotos. Os galegos vivimos moi preto do mar e mantemos con el relacións de todo tipo: de necesidade, subsistencia, lecer, preservación, de agresión, de medo ou acougo. Ás veces mesmo son contraditorias, pero o que é seguro é que son moi distintas para cadaquén. Quero xogar a quedar para sempre con ese reflexo metafórico do cachiño de mar dos outros e tamén coa imaxe daquel que mo regala. Mariñeiros, mariscadores, ecoloxistas, surfistas, peixeiras, políticos… Xentes que dialogan co mar a cotío e tamén os que deciden sobre el sen velo, os que buscan desculpas para miralo de fronte e os que soñan con facelo. E como a maxia se fai con espellos e de espellos trata o conto, dous pases máxicos serven para facer realidade estas imaxes imposíbeis onde alguén sostén un espello que o reflicte noutro sitio ao tempo que o transparenta, amosando o revés e o anverso a un tempo. Sempre co mar de fondo. Olga Osorio

____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O TEMPO QUE VIVIMOS

    Roberto Varela Fariña
    €29,00

    O tempo que vivimos ábrese con Recorremos a inmensidade, unha longa secuencia que anuncia os espazos e as atmosferas dun libro que sempre esquiva a...

    Ver todos os detalles
  • JOSÉ MANUEL FORS

    JOSÉ MANUEL FORS

    JOSÉ MANUEL FORS
    €9,90

    …porque propio teu é captar ese ritmo de crecemento para a natureza, fronte a que ti colocas unha lentitude de observación, que é tamén natureza.Gr...

    Ver todos os detalles
  • PERSOAL E TRANSFERÍBEL

    PERSOAL E TRANSFERÍBEL

    ANDREA COSTAS
    €9,90

    A velocidade na produción fainos individuos consumidores de satisfaccións instantáneas; os mediadores véndennos intimidade allea, comunicación, rea...

    Ver todos os detalles
  • O CERVO NA TORRE

    O CERVO NA TORRE

    Darío Xohán Cabana
    €17,65

    Premio Xerais de Novela, 1994 Segundo as propias declaracións do autor:Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro compo...

    Ver todos os detalles
  • LONG PLAY

    LONG PLAY

    Lois Pérez Díaz
    €16,85

    "Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de "jukebox de autoxeografía".Estes vers...

    Ver todos os detalles