
O volume complétase cunha selección de obras, que recolle un total de cen títulos, e mais cunha bibliografía descrita que acolle algunhas das achegas máis relevantes en relación coa literatura popular, cuxo obxectivo é facilitar o labor das persoas encargadas da mediación á hora de se achegar a este tema.Cada un dos traballos vai escrito na lingua de procedencia ou da elección dos autores, co cal se pretende dar a coñecer as linguas do marco ibérico e iberoamericano. Só se traducen ao galego, por se editar en Galicia o libro, os orixinais vascos, pola dificultade de compren
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego