Cada mar ten un encargado de dar forma ás ondas e facelas rodar sobre a súa superficie.
O fabricante de ondas daquel pequeno mar de auga turquesa era o señor Ravioli.
David Hernández Sevillano (Premio Nacional de Poesía Miguel Hernández, Hiperión, Xaén…) fálanos da natureza e de xente que vive compasada ao seu latexo, cun delicado énfase no emocional, a paisaxe, o amor, a infancia e o esquecemento… coa sabedoría xusta que acada unha comprensión sublime das persoas.
As imaxes, texturas e cores de Anna Forlati (profesora veneciana da escola “Ars in fabula” de Macerata), a base de lapis, pasteis e acrílicos, mergúllannos nunha atmosfera de ilusión nas que o ollo atopa descanso. O entrelazamento entre a presenza humana e a natureza achéganos un mundo pacificado atribuíble á inxenua idade da infancia, que presaxia unha idade adulta capaz de recuperar espazos de reconciliación…
CASTELLANO
Cada mar tiene un encargado de dar forma a las olas y hacerlas rodar sobre su superficie.
El fabricante de olas de aquel pequeño mar de agua turquesa era el señor Ravioli.
____
Editorial: OQOIdioma: Galego/ Castellano