RAMÓN PIÑEIRO E XAIME ISLA COUTO. FILOSOFÍA E POESÍA QUE PRODUCEN QUILOWATTS
Edición preparada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dentro da colección Olladas no Pasado. Este libro debulla as principais chaves do pensamento socioeconómico de Ramón Piñeiro, un aspecto que permaneceu nas marxes das análises sobre a súa reflexión intelectual e que permite identificar os fundamentos dunha economía humanista de resistencia orientada a promover a prosperidade e benestar do pobo galego a través da saída da situación de «atraso» en que se atopaba. Con todo, este labor non se desenvolveu de xeito illado, senón que se integra nun máis amplo traballo en man común do equipo integrado por Piñeiro, Xaime Isla e Francisco Fernández del Riego.
____
Editorial: XUNTA DE GALICIA 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 214
HISTORIA