Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RAIZ E CANTO I.NOMES PARA UNHA CRONICA VITAL E LITERARIA

€15,00
ISBN 978849259729
Paisaxes, vilas, casas, estancias nas que o selo do xenio impuxo o seu cuño. Un paseo polo amor e a morte, como no titulo de Houston.

Xulio López Valcárcel (Lugo, 1953), poeta e narrador, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa como procurador dos Tribunais en A Coruña. Membro destacado da Xeración Poética dos Oitenta, figura nas máis importantes antoloxías da poesía galega contemporánea, como Escolma da Poesía galega, de Xosé Lois García, Poesía Galega de hoy (Colección Visor, Madrid 1991), Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (Colección Maillot Amarillo, Granada 1995), Poesía Gallega Contemporánea (Litoral, Málaga 1996), Antoloxía Consultada (1976-2000), de Arturo Casas, ou Desde a palabra doce voces (Barcelona, 1986) e Poetas galegos do século XX (Espiral maior. A Coruña, 2006), de Luciano Rodríguez. Os seus poemas foron traducidos ao español, catalán, inglés, italiano, alemán, ruso e francés. Colaborador habitual de prensa e radio, é membro da Asociación Española de Críticos Literarios, tendo recibido polo seu traballo divulgativo no xornal El Ideal Gallego e en “Radio Coruña. Cadena Ser”, o premio “Irmandade do Libro”, concedido pola Federación de Libreiros de Galiza. Está en posesión, entre outros, dos premios Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar e Miguel González Garcés, sendo Premio da Crítica Española en dúas ocasións (1994 e 2004). Entre os seus libros podemos citar Víspera do día (1979), Solaina da ausencia (1987), Memoria de agosto (1993), Casa última (2003), A melancolía dos corpos (2008) e a escolma de poesía mapuche traducida ao galego Lúa de xemas frías (2009). Como narrador publicou o libro de relatos Anel de mel (Vía láctea, 1991) e a novela Campo de Marte (Espiral Maior, 1999). E como ensaísta, a edición da Poesía galega de Miguel González Garcés (Espiral Maior, 1998), Viaxe ao corazón de Galicia (A Nosa Terra, 2001), Sinais na Area (Deputación da Coruña, 2007), Mineiro de Luz (Laiovento, 2009), Confesión de Parte (Espiral Maior, 2010) e O escano baleiro (Biblos, 2011). [Febreiro, 2012] Xulio López Valcárcel leva máis de vinte anos dedicándose ao traballo poético. Participou nos colectivos "Cravo fondo" e "De Amor e Desamor", tendo publicado individualmente, Véspera do día (Edit. Follas Novas, Santiago, 1979), ao que seguiron Alba de auga sonámbula (Edicións Celta, Lugo, 1983); Solaina da ausencia (Editorial Vía Láctea, A Coruña, 1987); O sol entre os dedos (Ediciós do Castro, Sada, 1993, 2ª Ed, Sada, 1995); Memoria de Agosto (Deputación da Coruña, 1993) e En Voz Baixa (3 ª edic. Esquío. Ferrol, 2002). Foi Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio Antonio Tovar en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994, entre outros. A súa obra está recollida en diversas antoloxías, como Desde a palabra, doce vocesde Luciano Rodríguez (1986), Escolma da Poesía galega de hoy (Colección Visor, Madrid, 1991), Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (Colección Maillot Amarillo, Granada 1995) e Poesía Gallega Contemporánea (Litoral, Málaga, 1996). Poemas seus foron traducidos ao castelán, catalán, inglés, italiano, ruso, francés e macedonio. Asimesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e dos libros de relatos Anel de Mel (Editorial Vía Láctea, 1991) e Campo de Marte (Espiral Maior, 1999). No 2001 publicou en A Nosa Terra, Viaxe ao corazón de Galicia. Colabora ademáis na prensa (Páxina literaria de El Ideal Gallego, Premio Irmandade do libro, outorgado pola Federación de libreiros, 2002), e desde hai anos na radio (Entre libros con X.L.V. Radio Coruña, Cadena SER). Casa última, con prólogo de Darío Xohán Cabana e cuberta de Fidel Vidal, está a piques de saír publicado por Espiral Maior. [Abril, 2003] Autobiografía Xulio López Valcárcel (Lugo, 1953), poeta e narrador, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa como procurador dos Tribunais en A Coruña. Membro destacado da Xeración Poética dos Oitenta, figura nas máis importantes antoloxías da poesía galega contemporánea, como Escolma da Poesía galega, de Xosé Lois García, Poesía Galega de hoy (Colección Visor, Madrid 1991), Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (Colección Maillot Amarillo, Granada 1995), Poesía Gallega Contemporánea (Litoral, Málaga 1996), Antoloxía Consultada (1976-2000), de Arturo Casas, ou Desde a palabra doce voces (Barcelona, 1986) e Poetas galegos do século XX (Espiral maior, A Coruña, 2006), de Luciano Rodríguez. Os seus poemas foron traducidos ao español, catalán, inglés, italiano, alemán, ruso e francés. Colaborador habitual de prensa e radio, é membro da Asociación Española de Críticos Literarios, tendo recibido polo seu traballo divulgativo no xornal El Ideal Gallego e en "Radio Coruña. Cadena Ser", o premio "Irmandade do Libro", concedido pola Federación de Libreiros de Galiza. Está en posesión, entre outros, do Premio Nacional de Poesía para menores de vintecinco anos e dos premios Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar e Miguel González Garcés, sendo Premio da Crítica Española en dúas ocasións (1994 e 2004). Entre os seus libros podemos citar Véspera do día(1979), Solaina da ausencia (1987), Memoria de agosto (1993), Casa última (2003), A melancolía dos corpos (2008) e a escolma de poesía mapuche traducida ao galego Lúa de xemas frías (2009). Como narrador publicou o libro de relatos Anel de mel (Vía láctea, 1991) e a novela Campo de Marte (Espiral Maior, 1999). É tamén autor da edición da Poesía galega de Miguel González Garcés (Espiral Maior, 1998). No ano 2001 publicou o libro Viaxe ao corazón de Galicia (Editorial A Nosa Terra). [Maio, 2009]

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega


____

Editorial: Medulia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES

    Xulio López Valcárcel
    €17,90

    2ª EDICIÓN “Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músi...

    Ver todos os detalles
  • HISTORIAS DE BARBANTIA (copia)

    Mene, Álex
    €17,50

    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia....

    Ver todos os detalles
  • AUGA DE VARIOS RIOS

    AUGA DE VARIOS RIOS

    Luciano Rodríguez
    €15,60

    subtitulado “Poemas de segunda man, seguidos do texto orixinal”. Inspirado, ou ditado se cadra, pola experiencia docente do autor ao longo de tri...

    Ver todos os detalles
  • PAZO DE TOR

    PAZO DE TOR

    Luz Pozo Garza
    €12,50

    Aos seus 96 anos de idade, publica novo libro unha das voces máis destacadas da poesía galega das últimas décadas. En Pazo de Tor, Luz Pozo Garza v...

    Ver todos os detalles
  • O AMOR E AS PALABRAS

    O AMOR E AS PALABRAS

    María Victoria Moreno
    €10,00

    Unha serie de relatos que foron publicados por distintas institucións e formaron parte, na súa gran maioría, de libros colectivos.Dentro do conxunt...

    Ver todos os detalles