Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

QUERES LER UN LIBRO COMIGO?

€11,00
ISBN 9788416460182
Un álbum ilustrado que convida a compartir e reflexiona sobre a diversidade. Un álbum ilustrado no que se reflexiona, dun xeito divertido e didáctico, sobre a necesidade de compartir: neste caso, compartir un libro. O protagonista quere ler con alguén o seu libro favorito. Porque todo o que se comparte alcanza maior dimensión.  

Antón xa sabía ler só, pero quería compartir o seu libro favorito. Saíu todo contento polo barrio e buscou, e buscou… pero nada. Todo o mundo parecía tan ocupado...!  Ata que atopou a alguén inesperado con quen facer realidade o seu desexo... Queres ler este libro comigo? Un álbum ilustrado no que se reflexiona, dun xeito divertido e didáctico, sobre a necesidade de compartir: neste caso, compartir un libro. O protagonista quere ler con alguén o seu libro favorito. Porque todo o que se comparte alcanza maior dimensión. Ademais, este conto axuda a tratar temas como a exclusión promovendo o respecto á diversidade. Revélanos que nunca debemos dar nada por feito. Que arredor dun hai todo un mundo de experiencias por descubrir e que todas as persoas suman nel. Lawrence Schimel naceu en Nova York en 1971 e vive en Madrid desde 1999. É autor e tradutor de literatura infantil e xuvenil e tamén de poesía, ficción e ensaio para adultos. Publicou ata hoxe máis de cen títulos, traducidos a varios idiomas. Algúns dos seus libros para novos lectores lograron importantes recoñecementos internacionais ao seren incluídos na lista de honra da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) ou no catálogo White Ravens que elabora, cada ano, a International Youth Library de Múnich.  Precisamente, a primeira versión deste libro, titulada ¿Lees un libro conmigo? editada en Colombia en 2005, foi seleccionada pola IBBY en 2007. Thiago Lopes é un ilustrador e deseñador gráfico especializado en deseño editorial. Naceu en 1987 en San Paulo (Brasil), onde vive e traballa. Principiou en 2009 no eido na literatura infantil e xuvenil, ao retamar os seus estudos na Facultade de Belas Artes de San Paulo. As súas ilustracións son engaiolantes, divertidas e delicada

____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Gallego