Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

QUERES FACER O FAVOR DE CALAR, POR FAVOR?

€19,95
ISBN 9788417388690

Co seu primeiro libro de contos, escrito ao longo de quince anos, Raymond Carver revitalizou o relato breve norteamericano.

Os seus protagonistas son xente común, cos seus dramas triviais, as súas traxedias diarias e as súas anécdotas, que trazan un retrato icónico dos Estados Unidos.

Traducido por Moisés Barcia.

Raymond Carver (Oregón, 1938- Washington, 1988) é considerado un dos escritores estadounidenses máis influentes do século xx. A súa escrita caracterízase por un estilo minimalista e por basearse en personaxes da clase traballadora. Foi un dos fundadores do “realismo sucio”, movemento literario sen concesións metafóricas e cun estilo sinxelo. Entre as súas obras máis coñecidas atópanse tamén Cathedral e What We Talk About When We Talk About Love.

 

____

Editorial: Rinoceronte 2022
Idioma: Galego