Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

QUEN ME QUERE ADOPTAR?

€9,00
ISBN 9788497823593
Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2006   Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só e sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso.

Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que, logo puxo na súa porta, e rezaba: "¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos."¿Quen me quere adoptar? de Fina Casalderrey é un libro que propón aos nenos e nenas de sete anos en diante unha reflexión sobre a soidade que viven moitas das persoas maiores: ¿É posible adoptar un avó? A importancia e o valor dos libros e as relacións familiares son outros dos temas que aborda un texto marabilloso, ilustrado por Mª Fe Quesada.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego