Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PRIMAVERA SILENCIOSA

Esgotado
€15,00
ISBN WP4292
"Moi de cando en vez na historia da humanidade aparece un libro capaz de alterar o seu curso". Así se refería un senador norteamericano en 1962 a Rachel Carson e a súa Primavera silenciosa, a obra dunha especialista plenamente consciente do público ao que se dirixe e do seu compromiso cívico de informar.

"Moi de cando en vez na historia da humanidade aparece un libro capaz de alterar o seu curso". Así se refería un senador norteamericano en 1962 a Rachel Carson e a súa Primavera silenciosa, a obra dunha especialista plenamente consciente do público ao que se dirixe e do seu compromiso cívico de informar. Co seu libro, Rachel Carson foi quen de activar o movemento ambientalista como quizais nunca antes, e posiblemente tampouco despois, ninguén o fixera. A autora describe, con todo fundamento científico, o ataque indiscriminado dos fabricantes de insecticidas e herbicidas, biocidas na súa propia denominación, contra o planeta —solo, auga, aire e seres vivos—, mercadores enchidos de soberbia, para quen o fin —o control da Natureza— xustifica abondo os medios: a incorporación de velenos químicos sintéticos no medio ambiente. A crítica de Carson demostrou a ineficacia daqueles produtos no control das pragas pois suprimían os controis naturais e xeraban resistencia nos insectos obxectivo. A súa inquedanza diante dunha Administración que non garantía á sociedade civil a súa saúde fronte ás consecuencias derivadas do uso destes compostos levou a Rachel Carson á primeira plana da actualidade daqueles anos. Preguntábase polos incómodos resultados de enfrontar o ben e a saúde públicas aos grandes intereses comerciais. Preguntas, inquedanzas e críticas que seguen estando sobre a mesa medio século despois da prematura morte, en 1964, daquela muller valente e pioneira.

____