«Por que as nenas e os nenos?» é a obra máis xenuina de Francesco Tonucci, un punto de inflexión na traxectoria deste pedagogo de sona internacional arredor dos dereitos e da dignidade da infancia. Trátase dun ensaio imprescindible que bota luz sobre as grandes contradicións do mundo actual ante temas tan importantes como a educación e a infancia. Este libro non é a presentación dun proxecto educativo, explica o autor, senón “un testemuño emocional, persoal e profesional”.
____
Editorial: Kalandraka
Idioma: Galego