A Danza das Burgas e o terceiro traballo de Brañas Folk. Un disco onde se alternan temas cantados con instrumentais, tradicionais e de autor, de ritmos e ambientes variables, e cociñ
ado íntegramente con receitas propias da nosa terra.
Os ingredientes ponos Brañas Folk, formado por Manuel Brañas (gaita, requinta, whistle, arpa, zanfona), Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Tomás Saiz (acordeón), J. Antonio Blanco (guitarra), Olga Brañas (piano, pandeireta e outras percusións), Eduardo Balvás (baixo) e Aser Álvarez (batería, tamboril e outras percusións). E, tras cocer estas músicas con auga fervendo recén saída das Burgas e deixalas repousar, o alto corre a cargo dos colaboradores que axudaron a enriquecer este traballo (Guadi Galego, Lucía Pérez, Davide Salvado, Pancho Álvarez, Javier Bergia, Quim Farinha, Pablo Pascual, Segundo Grandáo e Xaquín Xesteira).
_____
*Ur.: 1