Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

POESÍA (MATERIAIS PARA MONTAR UNHA ESCENA DE CAMA)

€6,00
ISBN 9788492958467

Premios Abrente de Textos Teatrais 2017

“Desexo que che sorprenda a, aparentemente simple, descrición inicial dos PERSONAXES e que logo leas con interese as INSTRUCIÓNS propostas polo autor e as entendas como un decálogo de razóns para continuar coa lectura.
Logo, desexo que te mergulles nas PALABRAS de Roi Vidal e que goces da lectura, como fixen eu. Que sorrías como fixen eu, que te emociones como fixen eu, que acudas a Google na procura dalgúns dos referentes que utiliza o autor, como fixen eu. Desexo que teñas unha feliz lectura e oxalá sintas a necesidade de poñer en voz alta algún dos textos, como sentín eu. Desexo que o fagas e que te atrape a sonoridade das longas listaxes, a forza dos monólogos, a identificación cos diálogos.
Roi Vidal propón unha escena cotiá entre un Corpo Be e un Corpo A e consegue unha mestura perfecta entre a simplicidade aparente e a complexidade real das súas verbas. Amosa talento para a escrita, amplos coñecementos teatrais, un bo manexo de multitude de referentes e referencias espallados polo texto e, tamén, o seu amor polo noso idioma e o fermoso uso que fai del.”

Extracto do prólogo de Sheyla Fariña
Actriz e membro do xurado do XII Premio Abrente

____

Editorial: Difusora de Letras
Idioma: Galego