Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

PIRATAS DA LIBERDADE

€17,00
ISBN 9788412018417
É o primeiro libro que fai unha crónica "seria" do secuestro do barco Santa María. Estuda os antecedentes das persoas que potagonizaron a toma, dos grupos políticos, das inquedanzas dos exiliados, das circustancias, das consecuencias... É a historia dun secuestro do barco "Santa María" que fixo tremer as ditaduras españolas e portuguesa.

Entre o 21 de xaneiro e o 3 de febreiro de 1961 o transatlántico portugués Santa María foi secuestrado, e convertido en Santa Liberdade, para lembrarlle ao mundo que aínda había en Europa dúas ditaduras fascistas, a española de Franco e a portuguesa de Salazar; e tentar chegar ás colonias africanas para crear focos armados de loita pola independencia, que despois puidesen liberar as metrópoles, España e Portugal, dos seus réximes autoritarios. Conseguiron, principalmente, o primeiro propósito. Pero tamén animaron, e mesmo incitaron, a loita en diversos países. O secuestro do Santa María tivo unha influencia mundial non estudada até agora, e sorprendentemente descoñecida. É Piratas da liberdade unha homenaxe aos revolucionarios republicanos que loitaron contra o réxime franquista, destacando o papel fundamental de galegos como o poeta, mestre e revolucionario Xosé Velo, verdadeiro ideólogo de todo o proxecto, o militar republicano Jorge de Sotomayor, ou o portugués Henrique Galvão.

____

Editorial: Positivas
Idioma: Gallego