Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PIORNEDO. UNHA COMUNIDADE DE ALTA MONTAÑA DOS ANCARES

€26,00
ISBN WP4766
O mundo rural da Galiza sufriu unha transformación que o cambiou para sempre traducida no abandono de innumerables lugares que foron quedando deshabitados, baleiros de persoas e dos usos que, durante os séculos anteriores, albergaran e tiveran de xeito case inalterable. Contén 154 debuxos. 114 fotografías

«No último cuarto do século XX e no que vai do primeiro do século XXI, o mundo rural da Galiza sufriu unha transformación que o cambiou para sempre traducida no abandono de innumerables lugares que foron quedando deshabitados, baleiros de persoas e dos usos que, durante os séculos anteriores, albergaran e tiveran de xeito case inalterable. Nese decurso sinistro que converte casas en ruínas, pérdese tamén un xeito de ser e facer, uns trazos culturais definidos e únicos que esmorecen no eido do inmaterial do mesmo xeito que se deteriora o seu continente físico. Ante esta situación na que a perda do uso social orixinario e a non aparición dun moderno condena á extinción a cultura material e o seu correspondente legado inmaterial, González Pérez continúa, incansable, no seu traballo etnográfico. Un traballo acompañado nesta obra cos excelentes e fermosos debuxos de Xoán Ramón Marín Martínez que, cando menos perpetúan o coñecemento da súa existencia. É un traballo profundo feito con moito respecto. Unha viaxe a través das ferramentas, do gando, das edificacións e dos usos correspondentes e combinados desta cultura material; da súa viaxe a través dos séculos; da súa significación e riqueza lingüística. Logo de atender o val do Rao, González Pérez mira os cumios das montañas para continuar no seu labor de consolidar referencias perdurables do mundo que neles habitou representadas en abundantes fotografías e nos debuxos de Marín.» Mario Outeiro Iglesias

____