Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PÍCACHE A CURIOSIDADE?

€19,95
ISBN 9788482896410

O queixo procede dun líquido, o cacao dunha semente, o algodón obtense dunha planta e a la dun animal. Tanto o queixo, como o chocolate ou a la, poden viaxar nun avión, pero tamén fan viaxes polo mundo a auga e a electricidade. E a túa mente... ata onde é capaz de viaxar?

Din que o mellor das viaxes non é o destino, senón o propio camiño. Velaquí un libro no que descubrirás a andaina que el mesmo fixo para chegar ata ti, pero non só iso, senón que tamén te guiará na viaxe de obxectos, materias ou enerxías que habitan ao teu redor. Quizais non sexas consciente de cantas travesías marabillosas acompañas.

Queres descubrilas? Non necesitas cinto de seguridade para esta viaxe, nada máis que unha mente inqueda que che permita descubrir a orixe das cousas.

A autora, María Canosa, é unha experta divulgadora científica con moitos anos de profesión na materia e cun aval de libros e premios de recoñecido prestixio. As ilustracións de Ro Ledesma completan este libro ideal para aprender sobre o funcionamento das cousas que nos rodean.

____

Editorial: Cumio 09-2023
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • O MISTERIO DA CHOIVA

    Peix Cruz, Susana
    €13,95

    Xa está aquí o primeiro título da colección LEMOS +8.Seguimos apostando pola accesibilidade na lectura e accedemos a un novo grupo de idade (a part...

    Ver todos os detalles
  • O QUE NON TEN PREZO

    PACHECO BLANCO, XOSE M.
    €16,50

    Se hai algo que nos diferencia dos animais é a capacidade de soñar, de sermos mellores. Esta historia pescuda na esencia do ser huma...

    Ver todos os detalles
  • POR PUNTOS

    POR PUNTOS

    Manuel Portas
    €18,70

    A vida está chea de casualidades, de situacións baixo o ditado das coincidencias e os caprichos do destino. Premio Blanco Amor 2018O curso para a ...

    Ver todos os detalles
  • COGOMELOS DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL

    COGOMELOS DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL

    Marisa Castro
    €33,50

    É, sen dúbida, a mellor e máis completa e actualizada publicación divulgativa dedicada á micoloxía en Galicia.Desde o rigor científico e o alto niv...

    Ver todos os detalles
  • TITA

    CONCHA BLANCO
    €13,00

    A tita vive con Noa e a súa familia. Axuda na casa e apréndelle á nena cousas moi valiosas para a vida. Mais un día, o cuarto da tita aparece balei...

    Ver todos os detalles