Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PERSÉPOLE

€24,00
ISBN 9788417388973

Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépole converteuse nun cómic de referencia.

Marjane Satrapi (Rasht, Irán, 1969) medrou nunha familia liberal. Coa caída do Shah e a revolución islamista, foi enviada a Viena para estudar no Liceo Francés. Á súa volta, licenciouse en Comunicación Visual. Marchou a Estrasburgo e posteriormente a París, onde vive actualmente e onde comezou a publicar. A súa autobiografía en cadriños, Persépole, adaptada tamén ao cine de animación, converteuse nun best-seller internacional, gañador de numerosos premios. É autora tamén de varios libros infantís e colaboradora en revistas e xornais como The New York Times e The New Yorker.

____

Editorial: Rinoceronte 04-2023

Idioma: Galego