Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

PEREGRINUS

€29,90
ISBN WP8343
Un xogo de misterio e estratexia para todas as idades! PEREGRINUS é un xogo dinámico e entretido, no que a sorte, o xogo en equipo, a intuición e a estratexia serán na mesma medida necesarios para descubrir perigos, atopar os amuletos correctos, deixar o bosque encantado antes de ser atrapado pola Santa Compaña e chegar a Santiago. Así que, atrevédesvos a entrar no bosque encantado?

Os xogadores serán peregrinos que se perderon nun bosque encantado. Para atopar a saída terán que xuntar os amuletos máxicos que custodian a Meiga, a Moura e o Lobishome nos seus acochos, pero…coidado! Un dos xogadores en realidade é a Santa Compaña, que disfrazada de peregrino, procurará sabotar a busca dos seus compañeiros e convertelos nun dos seus aliados.

____


Idioma: Gallego