Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA

€15,50
ISBN 9788411101530
Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte...

As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» escrita por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba. As súas páxinas introdúcente nun mundo máxico, entre lóstregos salvaxes e paxaros de bo e mal agoiro, para que consigas roubar o peite da moura, para que recollas os carbóns que se converten nun tesouro e para que aprendas a sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos antes de que Pedro Chosco che pouse o sono na almofada.

____