Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PAXAROS

€13,00
ISBN 9788413430607

«Paxaros» é un poema-canción protagonizado por nenas e nenos que converten prazas, parques e arboredas en espazos lúdicosde liberdade e creatividade: fogar e xogo como punto de encontro, sen máis infraestrutura que a súa propia imaxinación.


Interesada na idea de construír cidadanía a partir da poesía, Natacha Ortega creou esta obra como parte dunha intervención urbana -dentro do proxecto infantil Gato Peludo- baseada en habitar os lugares comúns. Á sinxeleza do texto, un canto aos soños da infancia, as ilustracións de Lucía Franco redundan no minimalismo gráfico: son imaxes que destacan pola súa naturalidade, unha reducida paleta cromática de vermellos
e azuis, con personaxes caracterizados con ás e picos.

Finalista do XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, este poema musical complétase con códigos QR que permiten acceder ás tres versións da canción en galego, castelán e euskara interpretadas, respectivamente, por Paco Nogueiras, Dragón Dorado e Dana Moya con arranxos de Danieuris Moya: linguas diferentes en irmandade a través dos versos e do ritmo, para ler, contar e cantar.

____

Editorial: Kalandraka

Idioma: Gallego