Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PARTIDA SALVADA

€12,00
ISBN 9788412425802
ACCÉSIT SELIC 2020

Na linguaxe dos gamers, a mecánica da Partida Salvada permite conxelar o curso dunha longa sesión durante un tempo indeterminado ata que o xogador poda volver a retomar o mando.

No ano 2028 -un futuro tan próximo que podería ser hoxe mesmo- a lingüista Julia traballa contra reloxo para documentar os últimos vestixios dunha linguaxe en vías de extinción que resiste, aínda, na fráxil memoria dunha anciá afectada de Alzheimer. Trátase do idioma galego.

Corenta e dous anos antes (1986), en Santiago de Compostela, o programador de videoxogos Paco e o seu inseparable compañeiro: o debuxante Miguelanxo, viven coa máxima intensidade a denominada Época Dourada do Videoxogo Español, traballando para a compañía Ópera Soft, pioneira no sector durante os anos nos que España marcou a tendencia internacional neste campo.

Ambas historias rematarán unidas no tempo e no espazo pola presenza dun raparigo mudo (e sen lingua, fisicamente falando) que se presentará de súpeto na casa do programador, desatando un enigma que ambos terán que resolver e que os conducirá a través dunha historia que nos fala do valor da linguaxe, da súa capacidade transformadora e da enorme perda de realidades que acontece cando un idioma morre.

Unha fábula situada en ambientes totalmente reais pero que resultan case incribles, como La Ciudad de los Muchachos onde sucede parte da trama.

____

Editorial: Positivas 2020
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    Xosé Ricardo Losada
    €15,50

    Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades fí...

    Ver todos os detalles
  • O ENIGMA DE SANTIAGO

    Xosé Antonio Neira Cruz
    €15,00

    Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santis...

    Ver todos os detalles
  • XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO

    XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO

    Carlos Casares
    €15,90

    En 1975 publicouse por primeira vez a novela, Xoguetes para un tempo prohibido; Editorial Galaxia no 2005 tira do prelo unha nova edición, a décim...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • UXIO E AMIGOS.

    ROMERO, MARTIN
    €14,00

    Uxío e amigos é unha nova historia perfecta para primeiros lectores en castelán, euskera, catalán ou galego, que inclúe mensaxes tan importantes co...

    Ver todos os detalles