Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PAÍS ESTÁTICO, TEMPOS SALVAXES

€15,00
ISBN 9788419040350
Churrasco, verbena, rapaces novos que se matan en coches vellos, prebostes galeguistas que ninguén recoñece pola rúa: cando Santiago Jaureguizar lle ofreceu a Fran Ferreiro colaborar no Táboa Redonda, o suplemento cultural de El Progreso e Diario de Pontevedra, seica esperaba iso: cultura. Pero para cousas tan complicadas sempre haberá xente máis capaz. Aquí temos un observador imprevisible, divertido e asombrado por unha Galicia sempre diferente de como a imaxinamos, nola contaron e a queremos. Porque, guiándose polo seu admirado Álvaro Cunqueiro, Fran mira ao seu arredor con todo o cariño do mundo pero co respecto xusto.

O volume recolle os textos satíricos, afiados e costumistas que o autor publicou orixinalmente no suplemento cultural Táboa Redonda (dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra) despois de que o xornalista Santiago Jaureguizar o convidase a colaborar. O libro conta, ademais, cun prólogo asinado por Manuel Gago. 

Claves do libro
  • Unha mirada imprevisible: Afastándose da alta cultura convencional, Ferreiro Chao-Abella convértese nun observador irónico da realidade. Retrata unha Galicia ateigada de contrastes que moitas veces choca coa imaxe idealizada que se ten dela. 
  • Temáticas costumistas: Os artigos xiran arredor de elementos da cultura popular e da cotidianidade galega moderna: churrascos, verbenas, festas, a mocidade e os coches vellos, ou prebostes galeguistas esquecidos pola rúa. 
  • Influencia de Cunqueiro: O autor guíase polo espírito de Álvaro Cunqueiro, ollando o seu arredor cun profundo agarimo pero tamén co respecto xusto e moito humor. 

Fran Ferreiro Chao-Abella (A Coruña, 1984) comezou a publicar en prensa despois de que Jose Manuel Pereiro o vise, nunha tarde de trebón, baixar pola rúa da Torre feliz, despreocupado e totalmente enchoupado. Supuxo que alguén así tería algo interesante que dicir. Era verán de 2022 e xa o coñecía de lelo nas redes sociais. Pouco despois fichouno Santiago Jaureguizar para o Táboa Redonda, suplemento cultural de El Progreso, onde escribe un artigo cada quince días. Cun deles gañou en 2024 o premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela: «No 2ºG hai un narcopiso», contido na súa primeira escolma editada por Morgante, País estático, tempos salvaxes.

____


Editorial: Morgante 07-2027
Idioma: Galego
Páxinas: 102
CRÓNICA
GALICIA
HUMOR