OS XÉNEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS (CON CD)
€35,00
ISBN 9788419754868
INCLÚE CD NO INTERIOR CON 31 MELODÍAS.
Colaboracións entre outros de Uxía Senlle, Tino Baz, Xisco Feijoó, Juan Eiras, etc
Colaboracións entre outros de Uxía Senlle, Tino Baz, Xisco Feijoó, Juan Eiras, etc
Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos consta de dúas partes complementarias. Por unha banda, un texto onde quedan clasificados de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados da nosa terra, afondando nas súas características, momento da interpretación, finalidade… E por outra parte, un CD con 31 melodías escollidas dos nosos cancioneiros e de fontes vivas, que recompilan a maior parte dos xéneros musicais que se tratan no texto, incluíndo as súas partituras.
Unha viaxe no tempo para sentir o alalá na voz cálida de Uxía, que nos leva séculos atrás, a esa hora do serán onde as notas melancólicas do alalá falan da alma de Galicia, para escoitar un arrieiro solitario turrando pola besta na impoñente voz de Xisco Feijoó, o anguriante canto de cego ao son da zanfona na profunda voz de Tino Baz, ou mesmo melodías de gaita inéditas do gaiteiro Libardón, escoitadas na montaña de Lobeira.
O noso desexo é que te achegues, coñezas e desfrutes dos xéneros musicais tradicionais e populares da nosa terra a través destas páxinas e audios, e así, valorar e apreciar este gran legado musical que nos pertence a todas e a todos.

Moisés Quintas (Bande, Ourense) é diplomado en Maxisterio, na especialidade de Ciencias Humanas, e mestre especialista en Educación Musical. Estudou guitarra e frauta traveseira nos conservatorios de Ourense, Cádiz e Vigo, sendo profesor de guitarra
clásica polo Real Conservatorio de Música de Cádiz. Membro fundador do grupo Trasmundi «Raianos» (Clave Records 2001), «En tempos que se foron…» (Ouvirmos 2010). Produtor, arranxista e intérprete en «Cinsa Namorada», Tino Baz (PAI 2007). Publica o Libro-CD Guía Didáctica de Instrumentos Galegos (Ouvirmos 2011), Pito Galego, Método práctico (Ouvirmos 2015) e Libroweb Terra e Alma (Canela 2018). Na actualidade, compaxina a súa profesión de docente no CEIP Xosé Fernández López do Porriño coa recollida de música tradicional, concertos, composición e arranxos musicais.

Victoria Pérez (Mos, Pontevedra) é diplomada en Maxisterio, na especialidade de Ciencias, e mestra especialista en Educación Musical. Estudou piano no conservatorio do Porriño e zanfona e percusión tradicional na Escola E-Trad de Vigo. Formou parte do grupo tradicional Malvela (1999-2006) «Que o pano non me namora» (Cumio 2002), «O Aghinaldo» (PAI música 2004) e o grupo folk Sondeseu (2000-2008) «Mar de Vigo» (boa 2004), «Trastempo» (Fundación SDS 2007). Ten colaboracións no Libro-CD «Meniños Cantores» (PAI 2005), e con Moisés Quintas, na Guía Didáctica de Instrumentos Galegos (Ouvirmos 2011) e en Terra e Alma (Canela 2018). Na actualidade, compaxina a súa profesión de docente no CEIP Atín Cela de Mos coa investigación e realización de concertos didácticos de música tradicional e popular de Galicia.
____
Editorial: HERCULES 05/2025
Idioma: Galego
Páxinas: 296
MÚSICA
MÚSICA POPULAR
TAPA DURA