Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS PAXAROS QUE NON PUIDERON VOAR

€11,00
ISBN 9791399159295
Os paxaros que non puideron voar é un  poemario en lingua galega escrito por Alberto Pérez Riera e publicado en 2026 pola editorial Toxosoutos dentro da súa colección Nume. A obra propón unha reflexión crítica sobre a sociedade actual e reivindica a recuperación da humanidade, a natureza, a arte e o pensamento libre fronte á lóxica produtivista.
Temática e enfoque da obra
  • Crítica ao sistema actual. O poemario parte dunha mirada inconformista sobre un modelo económico centrado no lucro e na produtividade que afasta as persoas da súa propia esencia. 
  • Superación de fronteiras. Os versos convidan a transcender tanto as barreiras físicas como as psicolóxicas e sociais que limitan o desenvolvemento humano.
  • Canto á esperanza colectiva. A pesar do ton crítico, o autor propón unha viaxe cara á liberdade e ao reencontro coa natureza e co coñecemento compartido sen deixar a ninguén atrás

Nos tempos escuros dun capitalismo onde a acumulación significa morte e onde o sentido á vida está decapitado polos intereses míseros da produtividade, dos cartos e duns mercados afastados do ser humano, pero que, non obstante, son os novos deuses da nosa relixión fetichista, necesitamos máis que nunca encontrarnos, trascender un mundo cheo de fronteiras, non aoamente físicas, senón psicolóxicas e sociais, levantarnos e seguir adiante, aínda que os nosos berros de desesperación caian, nun primeiro momento,na nada, porque chegará o día en que os pobos se levanten e , no canto de venerar as cousas e camiñar polo barro sabendo que podemos voar, comezaremos a amrnos e, polo tanto, vivir cunhas finalidades vitais e dun xeito totalmente opostos, moito máis próximos á natureza, arte e ao coñecemento sen que ningún quede atrás.

O AUTOR
Alberto Pérez Riera, fillo de pai galego(nado en Cedeira) e de nai catalá(nada en La Bisbal D`Empordá-Xirona),naceu en Caranza(Ferrol), no ano 1979, pero viviu dende pequeno nas Pontes de García Rodríguez, no poboado do Muíño, onde eran moitos nenos de familias que case todas viñan de fóra, debido á característica industrial do pobo. Estudou en Compostela Económicas, pero deixouno para acabar estudando finalmente Filosofía. Xa de adolescente lle gustaba escribir poemas, pero sempre coma pasatempo. Te publicado en castelán o poemario "De cantos y revoluciones..."(Carena, 2024).

____

 Editorial: Toxosoutos 04-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 64
POESÍA