Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS OLLOS DO IRMÁN ETERNO

€18,70
ISBN 9788411760348

Esta é a primeira novela gráfica de Borja Dierez, unha adaptación da novela omónima Die augen des ewigen Bruders. Eine Legende, de Stefan Zweig (Austria, 1881-1942, Brasil).

Os ollos do irmán eterno é unha alfaia rescatada das cinzas dun século, escrita en forma de lenda, narra a vida do seu protagonista, Virata.

Deixando unha poderosa mensaxe entre liñas: “As decisións acertadas nacen de sintonizarnos co noso corazón. Escoitar o seu silencio como un mandato fronte ás mil voces do mundo, denota a presenza dunha intelixencia que  nos conducirá inevitablemente, de ser mantida coa forza da vontade, á sabedoría. A unha paz cimentada no valor da coherencia entre pensamentos e actos”.

Zweig, Stefan (Viena, 1881 – Petrópolis, Brasil, 1942) é un dos autores máis lidos da primeira metade do século XX e testemuña fundamental  para comprender a Europa de Entreguerras. Foi novelista, ensaísta  e biógrafo dunha prosa elegante  e delicada. O final da súa vida estivo marcado de xeito tráxico polo exilio errante que iniciou coa súa muller Lotte en 1936 fuxindo da barbarie nazi.


Editorial: Galaxia 06-2023
Idioma: Galego
Páxinas: 76
NOVELA GRÁFICA