Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS NOSOS MARES

por VV AA
€18,00
ISBN 9788494475849

Segundo título da colección Coñecer para amar.

En Os nosos mares as fermosas ilustracións amósannos a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños… para descubrirmos a realidade que temos nunha boa parte das augas salgadas do país.
Libro cartoné de gran tamaño, con 5 ecosistemas en diferentes acuarelas de Clara Cerviño e contidos medioambientais de Diego García, Noela Sánchez e Jorge Pascual.

Non se pode defender o que non se ama e non se pode amar o que non se coñece

“Coñecer para amar” é unha colección que desexa contribuír cunha pequena mostra do gran coñecemento que temos na Galiza para nomear os seres vivos que nos acompañan, esperando sementar amor nos corazóns para coidar e defender a biodiversidade na nosa terra.

En “Os nosos mares” as fermosas ilustracións amósannos a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños… para descubrirmos a realidade que temos nunha boa parte das augas salgadas do país.

Publicación con asesoramento do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo), da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia (UCC CSIC-Galicia, Santiago de Compostela), e da Universidade da Coruña (UDC, A Coruña)

____

Editorial: Miudiño
Idioma: Galego