Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS INTELECTUAIS E A ORGANIZACIÓN DA CULTURA

€17,00
ISBN 9788484872009

Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsci escribiu nos cárceres fascistas, o estudo dos intelectuais tanto no movemento obreiro en xeral como no pensamento marxista en particular, non pasaba de ser unha achega a-histórica e superficial. Gramsci, nos seus apuntamentos dedicados aos intelectuais e á historia dos intelectuais, recollidos postumamente baixo o título de Os intelectuais e a organización da cultura, inscribe a estes no lugar que lles corresponde no complexo mundo da división social do traballo ou, se se prefire, no mundo da produción.

Ao inscribir o intelectual no mundo da produción, Gramsci rehabilítao e dá a entender que a noción xeral do intelectual só pode ser funcional: todos os homes son intelectuais aínda que non realicen na sociedade a función de intelectuais.

Esta concepción provoca a xeneralización do termo, de aí que o pensador italiano propoña unha división do intelectual en graos: do alto intelectual (os creadores das diversas ciencias, da filosofía, da arte, etc., é dicir, os creadores da ideoloxía dominante) aos pequenos intelectuais ou intelectuais subalternos: os “administradores” máis humildes, os divulgadores da riqueza intelectual xa existente, tradicional, acumulada, coa engádega de toda unha capa intermedia de intelectuais que aínda sendo cualificados de improdutivos, aproveitan a súa posición privilexiada para facerse asignar unha parte enorme da renda nacional. Todo este amplo grupo conformaría os “transmisores” da ideoloxía dominante.

_____

Editorial: Laiovento 2010

Idioma: Galego