Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

OS CICLOS DO BAMBÚ

€10,00
ISBN 9788482887487
Os ciclos do bambú descóbrenos unha Asia insólita: o antigo imperio do Vietnam, os costumes funerarios de Bombai, os soños dun lama ou o metro de Hong-Kong, como escenario da perda da identidade.

Cada libro de Xavier Queipo é unha nova aventura, un percorrido por mundos e paisaxes sorprendentes, tamén unha exploración do que se agocha nos adentros do ser humano. A presenza de Asia na narrativa de Queipo xa tivera moi boa acollida por parte dos lectores e lectoras, ao xurdir en libros como Ringside e a novela Malaria sentimental. Nunca ata o de agora o escritor dedicara un libro a percorrer distintos ámbitos das culturas asiáticas, recreando e experimentando cos xeitos de narrar as historias do continente ou utilizando o senso do humor e o xogo textual como fai en Os ciclos do bambú.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego