Os castelos de Athlin e Dunbayne (1789) é unha das obras aurorais da novela gótica. Ambientada nas Highlands escocesas, o relato mergúllanos nunha intensa historia de amores, crimes, traizóns e vinganzas onde a procura da honra, a nobreza dos sentimentos e a rectitude no obrar constitúen os esteos dun mundo de valores medieval que alcanza, aquí, unha das súas máximas expresións.
A beleza hipnótica das esgrevias paisaxes e dos maxestosos castelos, o arrebatado das paixóns descritas, así como a afouteza e a determinación dos personaxes que poboan estas páxinas, crean un relato trepidante, cheo de aventuras onde en cada relanzo da trama se agocha unha reviravolta inesperada que leva da man a un final tan impactante como imprevisible.
Ann Radcliffe
De solteira Ann Ward, nada en Holborn (Londres) 9 xullo 1764 - 7 febreiro 1823, foi unha novelista británica coñecida como pioneira da novela gótica de terror.
A súa técnica de explicar elementos aparentemente sobrenaturais nas súas novelas considérase que lle deu respectabilidade á ficción gótica na década de 1790.
Radcliffe era a escritora máis popular da súa época e case universalmente admirada e a súa popularidade continuou durante o século XIX. O interese na súa obra reviviu no século XXI coa reimpresión das súas obras e a publicacións de varias biografías.