Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS ÁRTABROS. ESTUDIO XEOGRÁFICO E ETNOHISTÓRICO

€6,00
ISBN 9788496011275
Os ártabros ou arrotrebas eran unha tribo de orixe celta asentada na Gallaecia lucense ó noroeste da península Ibérica.  

Xunto cos célticos e os nerios parecen configurar un grupo diferenciado dentro do pobo dos galaicos. Viría en apoio desta hipótese a ausencia das habituais ofrendas aos deuses galaico-lusitanos, Bandua e Reue, en substitución de Cosso (divindade tamén presente en territorio dos ástures pero non na Bracarense e Lusitania). A súa diferenciación respecto de outros galaicos tamén é comentada por Estrabón: Os que viven máis afastados son os ártabros, na rexión do cabo que chaman Nerio, que separa os flancos occidental e norte. Nela viven tamén célticos, emparentados cos das beiras do Anas. Din que nunha ocasión en que fixeron alí unha campaña militar estes xunto cos túrdulos, fixeron defección tras pasar o río Limia.  

____

Editorial: Deputación de Ourense
Idioma: Gallego