Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS ABISMOS DA NOITE ETERNA, V.3. A LUZ QUE CREBA A NOITE

€16,00
ISBN WP6074
Alén das fronteiras do Muro a escuridade medra acubillada nun inverno implacábel. A Besta agóchase ladina agardando a súa quenda de comezar a arrasar a vida, namentres a desesperación, a desconfianza e un horror profundo comezan a lañar os espíritos dos guerreiros máis denodados. Balso caeu. Nada se sabe el, agás que foi engulido por unha escuridade famenta.

Graguel, o Custodio do Saber Antigo, partiu cara ao sur na compaña de Príamo, rei de Teno, e do valoroso gadeón Terán na procura incerta de forxar unha alianza esquecida por milenios. Atir, a afouta guerreira da Fraga Insondábel, atravesou a derradeira fronteira do norte na compaña de ardénligos, baranos, mestos e ódalos, nun intento desesperado de minguar o poder da Besta antes de que a súa maldade torne invencíbel. Airem, princesa de Asgra, atravesa Alianza de sur a norte cunha longa e tenebrosa sombra atoldando o seu corazón aterrecido. Namentres Barondor, o traidor de Helémodo, axexa con ollos carniceiros a chegada das patéticas forzas aliadas, relambéndose de pracer ao ventar no seu maxín perverso o olor do sangue inminente. A batalla decisiva achégase. Luz contra escuridade. É a hora de loitar, É a hora de sangrar, é a hora de morrer… para que a vida poida vivir.

____

Editorial: Urco
Idioma: Gallego