A serie creada polo debuxante Ramón Marcos (Lugo, 1962) medra con esta nova aventura da intrépida e bulideira Silvana, a súa principal protagonista. Nesta entrega, a rapaza e a súa amiga Miranda acompañarán o seu pai, o famoso explorador Jorge Baena, a unha viaxe á selva de Santaflorida, un pequeno país situado entre Brasil e a Arxentina.
O que en principio se presenta como unha expedición rutineira e aburrida, axiña se converterá nunha trepidante pescuda na que interveñen traficantes de animais e un director de cinema cunha estraña afección, e que conclúe coa descuberta dunha nova especie de réptil chamada a revolucionar o mundo científico. Recomendado para os que gozan das grandes aventuras.

____