A tita vive con Noa e a súa familia. Axuda na casa e apréndelle á nena cousas moi valiosas para a vida. Mais un día, o cuarto da tita aparece baleiro. Onde marchou? Por que ninguén lle conta nada a Noa?
Unha das obras máis famosas de Concha Blanco nunha nova edición ilustrada por Miguel Robledo.
Concha Blanco
Naceu en Lires, Cee, no 1950. Profesora xubilada, primeiro mestra e logo docente no ensino secundario, na especialidade de Lingua e Literatura. Participou moi activamente na formación do profesorado e en labores de normalización lingüística e de fomento da lectura.
Pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego, ten publicadas 52 obras individuais e 28 colectivas. Amais tamén é autora de libros de texto e unidades didácticas. A súa traxectoria profesional e literaria foi recoñecida e premiada. Entre outros galardóns conta co Pura e Dora Vázquez de LIX, que outorga a Deputación de Ourense, no 2008, por Encontros ás agachadas, o Frei Martín Sarmiento 2010 por Poemas para pintar e o Premio de Poesía Arume 2007 por Cantos da rula.
Obras da autora
____
Editorial: Aira 06-2024
Idioma: Galego