Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ENCICLOPEDIA PERPLEXIDADE

€18,00
ISBN 9788419213501

Unha obra para achegarse ao universo creativo dunha das fifiguras
máis destacadas e polifacéticas da cultura galega contemporánea.
Tras “Melancoholemia. Vida de mamarracho”, Antón Reixa regresa á colección
Rizomas con “Enciclopedia perplexidade”, unha antoloxía dos seus poemarios
publicados entre 1976 e 2023: “Crebade as liras”, “Silabario da turbina”
e “A dama que fala” -ambos co colectivo Rompente-, “As ladillas do travesti”,
“Historia do rock and roll”, “Transporte de superficie”, “Ringo Rango”,
“Escarnio”, “Látego de algas”, “Leccións de cousas”, “Algo raro pasa raro”,
“Michigan, acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma”, “Outlet” ou o recente
“2ª man”.
No prólogo da obra, o profesor e escritor Xabier Cordal afirma que de entre
todas as facetas creativas na traxectoria de Reixa -cine, televisión, radio,
música, videoarte, performance…- a poesía ocupa o primeiro lugar.
A perplexidade sobre o mundo e sobre a vida, “unha forma intelixente de
escenificar o caos” segundo o autor, son unha constante nunha obra que
abarca unha ampla temática: a estrañeza do cotián, as fraudes do idealismo,
o inconsciente, a decadencia, o desexo e o tabú, a depredación capitalista, a
violencia colonial en Galicia e noutros pobos….

___

Editorial: Kalandraka 06-2024
Idioma: Galego


También te podría interesar...

  • A DESVÉRTEBRA

    Ana Romaní
    €16,00

    Ana Romani levaba unha década sen publicar un poemario pero a espera pagou a pena porque A desvértebra  supón un xiro revelador na súa obra e descu...

    Ver todos os detalles
  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA

    VEGA, REXINA
    €16,70

    Diario dunha nai. Oteu perfil na miña sombra non é exactamente unha narración, tampouco unlibro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de...

    Ver todos os detalles
  • O LUGAR ONDE VOU

    Vicente Araguas
    €16,70

    Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que imp...

    Ver todos os detalles
  • MIÑO

    Del Caño, Xosé Manuel
    €24,95

    Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Ca...

    Ver todos os detalles
  • LIBRO DAS COLUNAS

    Luisa Villalta
    €16,00

    LIMIAR DE XOSÉ ENRIQUE ACUÑA Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do seman...

    Ver todos os detalles